Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez anuncia 43.000 novas vivendas para alugueiro alcanzable

Sánchez anuncia 43.000 novas vivendas para alugueiro alcanzable

A sesión de control comeza ao finalizar a comparecencia de Pedro Sánchez

G24.gal 19/04/2023 07:38

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou a construción de 43.000 novas vivendas públicas dedicadas ao alugueiro a prezos alcanzables, que se sumarán ás 50.000 da Sareb.

Durante a súa comparecencia no Pleno do Congreso dos Deputados para informar sobre asuntos comunitarios, Sánchez detallou que estas novas vivendas se financiarán mediante unha nova liña do ICO de 4.000 millóns de euros con cargo aos fondos europeos.

Estas vivendas terán que cumprir dúas condicións, detallou Sánchez: a eficiencia enerxética e que se destinen a alugueiro alcanzable ou a cesión en uso de polo menos 50 anos.

Sánchez recoñeceu que a vivenda é "un problemón" en España debido a tratala "como unha mercadoría, cada vez máis exclusiva e minoritaria", en lugar de como un dereito.

Fronte a iso, "imos converter a vivenda no quinto piar do estado do benestar", subliñou, o que pasa por achegarse ao 20 % de vivendas destinadas a alugueiro público a prezos alcanzables dalgúns países europeos.

O PP ve "un bluf" o anuncio de máis vivendas de Sánchez: "Fixo cero"

A voceira do PP no Congreso, Cuca Gamarra, tachou o anuncio de 43.000 novas vivendas para alugueiro accesible de "bluf," porque en cinco anos de Goberno Pedro Sánchez fixo "cero vivendas".

"Estamos diante dun prato requentado que tampouco verán os españois", dixo Gamarra. 

Sánchez avisa o PP de que as súas comunidades deberán cumprir a lei de vivenda

O presidente do Goberno advertiu as comunidades autónomas do PP que, como Madrid, ameazan con non aplicar a lexislación que está a impulsar o Executivo en materia de vivenda, que terán que acatar ese cumprimento.

"As leis que aproba este Parlamento democrático, cúmprense. A lei de vivenda cumprirase en todos e cada e un dos territorios", recalcou Sánchez.

Gamarra replica a Sánchez que ata o seu Goberno "lle perdeu o respecto"

Gamarra replicoulle a Pedro Sánchez que ata o seu Consello de Ministros "lle perdeu o respecto", lembrando algunhas ideas que lanzou Yolanda Díaz o domingo, acusándoo de "machista" ou de que cesase ao ministro do Interior tras os episodios de Ceuta e Melilla.

A economía en España: "que resiste" e é un "éxito"

Pedro Sánchez, afirmou o orgullo que sente porque a economía española siga resistindo mellor que a media europea e avance tras a guerra en Ucraína, e incidiu que España "é un éxito de país" grazas a empresarios, traballadores e autónomos.

Dixo que a inflación segue sendo unha preocupación, malia ser "a máis baixa de Europa". Resaltou que a aprobación da reforma das pensións e do mercado laboral con "paz social", Sánchez incidiu en que o Goberno "traballa con todas as súas forzas" para amortecer o impacto da inflación "no peto das familias".

Tamén afirmou que España é o único país que recibiu un terceiro pago de fondos europeos, por cumprir co que lle esixe Bruxelas, dos que xa se lanzaron licitacións e convocatorias por máis de 23.500 millóns de euros.

 

Marrocos, país amigo e aliado fundamental

Sánchez subliñou que os acordos con Marrocos abren unha nova etapa con bases moito máis firmes, que afasta "crises recorrentes que vivimos", uns acordos acadados na última reunión de alto nivel celebrada o pasado mes de febreiro en Rabat.

"Marrocos é un país amigo, fundamental para o desenvolvemento económico de España, a nosa porta de entrada en África, un aliado esencial para a nosa seguridade e para a migración ordenada no noso país e o continente europeo", defendeu Sánchez.

 

Abascal repróchalle a Sánchez a súa "actitude submisa" ante as afrontas de Marrocos

O líder de Vox, Santiago Abascal, reprochou este mércores ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a súa "actitude submisa" ante os "desplantes" e as "afrontas" de Marrocos e criticou a "falta de información" sobre os seus acordos con ese país.

Pediu ao Goberno andaluz que pare o "atropelo" de Doñana

O presidente pediu ao Goberno andaluz desde o Congreso dos Deputados que recoñeza o "erro" e free o "atropelo" de Doñana, xa que asegura que nin o "negacionismo climático duns" nin a "soberbia" doutros salvarán a este parque nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade