Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez defende a "utopía ibérica" que faga de España e Portugal os maiores exportadores de hidróxeno verde

Sánchez defende a "utopía ibérica" que faga de España e Portugal os maiores exportadores de hidróxeno verde

Considera unha aposta gañadora esta enerxía para ser unha potencia "limpa, barata e soberana"

O presidente do Goberno español canda o portugués António Costa participan no XXVI Congreso da Internacional Socialista

O primeiro ministro de Portugal, Antonio Costa e Pedro Sánchez en Madrid
G24.gal 26/11/2022 18:59

Pedro Sánchez será proclamado este domingo presidente da Internacional Socialista, en substitución do exprimeiro ministro grego Yorgos Papandreu.

Este sábado participou xunto ao primeiro ministro portugués, António Costa, nunha charla sobre a política enerxética e a excepción ibérica. Ambos defenderon a aposta polas enerxías renovables e por unha transición ecolóxica con xustiza social e sen exclusións.

Pedro Sánchez cre que os socialistas están preparados para responder aos novos desafíos e destaca a necesidade de crear novas utopías, como converter a Portugal e España en grandes exportadores de hidróxeno.

Sánchez e Costa reivindican a rebaixa do prezo da luz como un éxito do "socialismo ibérico, para poñer a economía ao servizo da xente".

O presidente español sinalou que os partidos socialistas de España e Portugal teñen incorporada a causa ambiental nos seus valores fronte "a unha ultradereita que non cre no cambio climático e unha dereita que di que si existe pero actúa coma se non existise".

Así, indicou que a gran diferenza coas forzas da dereita e "o principal valor do socialismo ibérico" é que son capaces de dar novas respostas aos novos desafíos e son "o suficientemente áxiles para adaptar o seu ideario político e seguir sendo "competitivos electoralmente" e seguir sendo "referencias ideolóxicas" que "transcenden as fronteiras da Unión Europea", engadiu.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade