Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez e Calviño sitúan o pleno emprego como obxectivo da próxima lexislatura

Sánchez e Calviño sitúan o pleno emprego como obxectivo da próxima lexislatura

Os socialistas propoñen estender sete anos o pago das hipotecas a familias con rendas de ata 37.800 euros

O PP advirte que Sánchez vai querer manterse no poder aínda que perda

Pedro Sánchez avanzou algunha das promesas económicas que recollerá o programa do PSOE
G24.gal 05/07/2023 14:23

Na política pasa coma no día a día: ver o vaso medio cheo ou medio baleiro depende en boa parte do estado de ánimo. Os números das enquisas falan, pero as tendencias tamén falan. E a iso, ás tendencias, é precisamente ao que se agarra a esquerda para crer na remontada.

"Cambiaron os ventos e hai vento de remontada: pídovos que votedes e sopredes a favor do vento da remontada, non teñades dúbida de que o ides conseguir", dicía Yolanda Díaz en Canarias.  

Os socialistas presentarán o programa este venres. Unha das medidas que prevé é que as familias con rendas ata 37.800 euros van poder ampliar a súa hipoteca sete anos para amortecer a suba dos tipos de xuro.

Pedro Sánchez e Nadia Calviño, no plató do PSOE, din que suporá un aforro de 300 euros ao mes. Os socialistas marcan como reto para a próxima conseguir o pleno emprego, baixando a taxa de paro ata o 8 por cento.

Un obxectivo realista porque se algo se demostrou estes anos, segundo Pedro Sánchez, é que "a teoría de que o PP xestiona mellor a economía ca o PSOE non se sostén". 

No PP, o expresidente Rajoy reflexionaba sobre as críticas que recibe Feijóo polos pactos con Vox. Di Rajoy que é "absurdo" que se o PP gaña as eleccións sen maioría absoluta non poida gobernar porque a esquerda lle diga que non pode pactar con algúns partidos, en referencia a Vox. Pero si marca liñas vermellas, como é pactar con Bildu ou ERC.  Rajoy asume que ás veces "os números non dan e hai que pactar".

Feijóo quere apelar aos baróns socialistas para convencer a Sánchez de que deixe gobernar a lista máis votada, pero a idea semella que non vai dar resultado.

"Non imos fiar a autonomía do partido aos intereses doutros partidos", di o presidente castelán manchego Emiliano García-Page. 

O comezo da campaña está á volta da esquina. O primeiro asalto deste combate será o próximo luns co único cara a cara entre Sánchez e Feijóo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade