Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez e Lula amosan sintonía política e económica, pero discrepan sobre Ucraína

Sánchez e Lula amosan sintonía política e económica, pero discrepan sobre Ucraína

O presidente do Brasil aposta por un "G20 da paz" que facilite unha negociación sen matices entre Kíiv e Moscova

Os reis ofrecen un xantar de honor a Lula da Silva, que visita España por primeira vez dende a súa reelección

G24.gal 26/04/2023 14:54 Última actualización 26/04/2023 15:27

O presidente do Brasil xantou cos reis tras ser recibido polo xefe do Executivo na Moncloa. Sánchez e Lula coincidiron en que se abre unha nova etapa nas relacións bilaterais entre os dous países, tanto en materia económica como medioambiental.

Onde discrepan é na resposta á guerra de Ucraína. Lula aposta por crear un "G-20 para a paz", que facilite unha negociación sen condicións entre Kíiv e Moscova: "Agora non serve dicir quen ten a razón ou non, hai que parar a guerra. Se hai que discutir o territorio de Crimea, outro territorio de Ucraína, a OTAN... son moitas cousas". Mentres que Sánchez rexeita a equidistancia na resolución do conflito: "Recoñecer o seu interese en impulsar un grupo de países mediadores para lograr unha paz definitiva, sen esquecer que nesta guerra hai un agresor, Putin, e un agredido, un pobo que loita pola súa integridade territorial".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade