Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez e Zapatero coinciden na defensa da reforma laboral fronte ao PP

Sánchez e Zapatero coinciden na defensa da reforma laboral fronte ao PP

Sánchez asegura que a dereita "branquea o transfuguismo"

Zapatero considera que gañaron os traballadores e "perdeu o PP"

G24.gal 06/02/2022 15:31

Foi en León onde Pedro Sánchez e Rodríguez Zapatero confluíron en apoio ao cabeza de cartel dos socialistas nas eleccións autonómicas, Luis Tudanca.

Boa parte da intervención de Sánchez estivo centrada na reforma laboral. Explicou que o que se impuxo foi o acordo entre empresarios e sindicatos, o emprego digno e o avance social fronte á que cualificou como "oposición negacionista do PP".

"Desde aquí, desde León, quero agradecer a sindicatos, a empresarios e aos partidos políticos que fixeron posible esta reforma o seu voto afirmativo. Grazas, grazas, grazas e grazas, porque este é un éxito colectivo de todo o país. E, por contra, vimos o verdadeiro rostro dunha dereita que branquea o transfuguismo", manifestou Pedro Sánchez.

Pola súa parte, Rodríguez Zapatero asegurou que o PP é "especialista en meterse goles en propia meta", en alusión aos comicios de Castela e León, que ao seu entender foron convocados para reforzar a Casado. E sobre a reforma laboral dixo que o xoves pasado no Congreso houbo "xustiza poética":

 "Gañaron os traballadores, gañou o diálogo social, gañou o emprego, gañou a dignidade dos máis humildes, gañou España e perdeu o PP".
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade