Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez, ante o Parlamento ucraíno: "Só Kíiv pode establecer os tempos e termos para a negociación de paz"

Sánchez, ante o Parlamento ucraíno: "Só Kíiv pode establecer os tempos e termos para a negociación de paz"

O presidente do Goberno, que chegou a Kíiv esta mañá do sábado, reunirase despois con Zelenski

Pedro Sánchez anuncia unha nova axuda de 55 millóns de euros, promete que continuará a subministración de armas e dá o seu apoio á entrada do país na UE

O presidente ucraíno, antes do seu encontro con Sánchez: “Contamos co apoio de España para as negociacións de acceso á UE”

Sánchez diríxese ao Parlamento de Ucraína
G24.gal 01/07/2023 11:37 Última actualización 01/07/2023 12:57

España comezou esta medianoite a presidencia semestral do Consello da Unión Europea, a quinta ocasión que asume esta responsabilidade e que se estrea cunha viaxe simbólica do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a Ucraína para ratificar o apoio comunitario a este país ante a invasión rusa.

“Transmitinlles ao Goberno e ao Parlamento toda a solidariedade europea. Manteremos o apoio ao pobo ucraíno ata que a paz regrese a Europa”, escribiu Sánchez nun chío á súa chegada á capital.

O líder español intervén agora ante o Parlamento ucraíno e despois reunirase co presidente do país.

Sánchez ante o Parlamento ucraíno: "Europa está convosco"

"Estou moi agradecido de estar hoxe aqui nesta xornada tan especial para o meu país. España asume este 1 de xullo, a gran responsabilidade de dirixir a presidencia de quenda do Consello da Unión Europea durante o próximos seis meses”,comezou  Sánchez.

 “E quería que o primeiro que fixese no meu novo posto fora dirixirme ao pobo de Ucraína a través do seu Rada. Quería dicirvos que estamos e estaremos convosco o tempo que faga falta. Quería dicirlles que apoiaremos a Ucraína sen importar o prezo para pagar. Que estaremos convosco na consecución das vosas aspiracións de ser un país libre e soberano que decida o seu propio destino como membro da familia europea”.

Sánchez, que está a falar en inglés, engadiu: “Só Ucraína pode establecer os termos e tempos para as negociacións de paz. Outros países e rexións están a propoñer plans de paz. A súa participación é moi apreciada, pero, ao mesmo tempo, non podemos aceptalos por completo. Esta é unha guerra de agresión, cun agresor e unha vítima. Non poden ser tratados por igual. E ignorar as regras de ningunha maneira debe ser recompensado. Por iso apoiamos a fórmula de paz do presidente Zelenski, respectuosa co Dereito Internacional e a Carta da ONU”.

Sánchez anunciou unha nova achega de 55 millóns de euros, “incluída a oferta de 51 millóns de euros a través do Grupo do Banco Mundial para axudar a financiar pequenas e medianas empresas en Ucraína, así como catro millóns de euros ao Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento para dotar ás escolas de Ucraína de escolas ecolóxicas e sistemas enerxéticos resilientes”.

Volodímir Zelenski, que antes de reunirse con Sánchez escribiu en Telegram que os seis meses de presidencia española da UE serán “decisivos” para o inicio das negociacións de acceso de Ucraína ao bloque comunitario.

“Contamos co apoio de España para iso”, engadiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade