Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez fala por vez primeira sobre a amnistía

Sánchez fala por vez primeira sobre a amnistía

O presidente do Goberno en funcións di que o texto de Sumar non é o do PSOE

Sumar presentará o martes o seu ditame xurídico sobre a amnistía

G24.gal 06/10/2023 19:12

O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, pronunciou este venres por vez primeira a palabra amnistía para admitir que coñece a proposta que vai presentar a próxima semana a líder de Sumar, Yolanda Díaz, pero subliñou que non é a do PSOE e recalcou: "Non haberá acordo ata que todo estea acordado".

"Coñecemos a proposta de Sumar como coñecemos tamén a proposta doutros partidos políticos en relación coa amnistía", contestou Sánchez en conferencia de prensa tras o cumio da UE en Granada xunto ao presidente do Consello Europeo, Charles Michel, e a presidenta da Comisión, Úrsula von der Leyen.

Para o xefe do Executivo, non deixa de ser bo que os partidos presenten este tipo de iniciativas pois "é unha forma de tratar de superar as consecuencias xudiciais á situación que viviu España, cunha das peores crises territoriais da historia da democracia no ano 2017". "Defendeu que vai traballar por unha investidura real para dar resposta ao encargo do rei e ao que dixeron os españois nas urnas o 23-X.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade