Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez fará unha declaración institucional este martes ante o recoñecemento de Palestina

Sánchez fará unha declaración institucional este martes ante o recoñecemento de Palestina

Sánchez, durante a comparecencia en que anunciou que ía recoñecer a Palestina (EFE/J.J. Guillén( Sánchez, durante a comparecencia en que anunciou que ía recoñecer a Palestina (EFE/J.J. Guillén(
G24.gal 27/05/2024 20:42

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, fará este martes unha declaración institucional no Palacio da Moncloa con motivo da aprobación por parte do Consello de Ministros do recoñecemento de Palestina como Estado. Así, o máximo mandatario español quixo dar relevancia desta forma a unha decisión á que outorga gran importancia.

Sánchez comparecerá na sede da Presidencia do Goberno ás 08.30 horas para esa declaración, na que volverá defender a decisión do recoñecemento que España fará de forma conxunta con Irlanda e Noruega.

Tras a súa intervención, presidirá a reunión do Consello de Ministros que aprobará o establecemento pleno de relacións diplomáticas con Palestina, xa que Sánchez prometeu no seu debate de investidura expor na presente lexislatura tanto en España como na UE o recoñecemento de Palestina.

O anuncio da data definitiva fíxoo o pasado mércores no Congreso dos Deputados, onde dixo asumir as consecuencias da decisión e explicou que impulsara a aprobación por tres razoes: por paz, por xustiza e por coherencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade