Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez mantén o rumbo e aposta por Besteiro para recuperar o voto "prestado" ao BNG

Sánchez mantén o rumbo e aposta por Besteiro para recuperar o voto "prestado" ao BNG

O PSOE encargaralle a Besteiro un proxecto a longo prazo 

Os socialistas negan que o resultado en Galicia sexa un castigo a Pedro Sanchez porque "isto non é unha segunda volta de nada"

A número dous do PSOE carga contra García-Page polas críticas ao fracaso en Galicia

O líder madrileño pídelle a Ferraz recuperar a vocación "de maiorías", pero Patxi López defende non "flaxelarse"

Sánchez apoia a Besteiro como o líder natural en Galicia
G24.gal 20/02/2024 13:57

Os socialistas pechan filas con Besteiro e xustifican a súa desfeita, primeiro no adianto electoral e despois na falta de mobilización dos seus. A maioría dos 46.000 votos que perderon foron ao BNG, pero confían en arrebatarllos no futuro.  O plan de Pedro Sánchez e darlle a Besteiro a oportunidade para desenvolver un proxecto a longo prazo que lle permita darse a coñecer e recuperar os "votos prestados" que foron parar a mans dos de Ana Pontón. 

En Ferraz queren comezar unha nova etapa e consolidar un liderado sólido para evitar ter que cambiar de candidato elección tras elección como pasou nas últimas citas electorais nas que "presentamos cinco candidatos diferentes", lembra Patxi López, voceiro do PSOE no Congreso. Saben que será un traballo longo e complexo pero están dispostos a coller "o pico e a pa", pero sabendo "onde hai que cavar". 

O novo ciclo electoral comezou en Galicia e continúa en Euskadi e coas eleccións europeas.  En Ferraz están convencidos de que os resultados serán outros. Amósanse seguros de que non os está a penalizar as súas alianzas cos independentistas.

Lectura que non comparten líderes rexionais. Especialmente crítico volveu ser o presidente de Castela-A Mancha, Emiliano García-Page que advirte da "necesidade de abrir unha reflexión para que este novo ciclo electoral non se converta nun ciclón" para o PSOE.  Pero Page non é o único que pensa así.

O fracaso de Besteiro axitou o debate interno. Juan Lobato, o secretario xeral do PSOE-M pídelle á dirección dos socialistas "recuperar a vocación de maiorías". Cree que hai que facer a reflexión que non se fixo en maio pola convocatoria das eleccións xerais. 

A receita de Pedro Sánchez, de momento, é reforzar os liderados autonómicos pero non se cuestiona o rumbo nacional do partido. "Autocrítica si, pero flaxelación non", di o voceiro no Congreso, Patxi López por que "isto non é unha segunda volta de nada", engade a voceira do Goberno. Pilar Alegría lembra que tralas eleccións galegas, "Pedro Sánchez segue a ser o presidente do Goberno e Alberto Núñez Feijóo, o líder da oposición e nada vai cambiar", conclúe. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade