Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez pecha este venres a rolda de consultas cos grupos parlamentarios

Sánchez pecha este venres a rolda de consultas cos grupos parlamentarios

Reunirase coas portavoces no Congreso de EH Bildu e Junts

Este xoves o presidente en funcións non quixo aclarar se falará con Puigdemont

G24.gal 12/10/2023 21:35

O presidente do Goberno en funcións e secretario xeral do PSOE Pedro Sánchez pecha este venres coas portavoces no Congreso de EH Bildu e Junts a rolda de contactos cos grupos parlamentarios. 

"Nada está acordado ata que todo estea acordado", dixo hai uns días Sánchez en Granada. Unha frase utilizada habitualmente na UE e con que quixo deixar claro que as negociacións, como hoxe volveu sinalar, son "complexas" e non hai nada pechado.

A dúbida agora é se nesta fase que se abre falará co expresidente da Generalitat Carles Puigdemont. Sánchez non quixo concretalo: "Falarei cos grupos parlamentarios", limitouse a responder este xoves durante os habituais círculos cos xornalistas na recepción no Palacio Real con motivo da Festa Nacional.

A conversa que tivo o pasado mércores co líder de ERC Oriol Junqueras fai que se vexa como máis posible un contacto con Puigdemont, co que xa se reuniu a vicepresidenta segunda do Goberno e líder de Sumar Yolanda Díaz o pasado 4 de setembro.

Sánchez tampouco quixo adiantar cando se coñecerá a súa proposta para unha hipotética amnistía dos líderes independentistas e limitouse a dicir que o PSOE "ten a súa opinión e posición". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade