Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez visita a zona do incendio de Valencia e ofrece a colaboración do Goberno central

Sánchez visita a zona do incendio de Valencia e ofrece a colaboración do Goberno central

O presidente do Goberno expresou a súa "empatía, cariño e solidariedade" coas vítimas

O presidente da Generalitat valenciana anuncia un paquete de axudas para os veciños afectados

G24.gal 23/02/2024 15:03

Pedro Sánchez expresou a súa "empatía, cariño e solidariedade" coas vítimas do incendio. No posto de mando avanzado informárono da situación e das prioridades neste momento, que son "a busca de vítimas" e "salvagardar a seguridade dos servidores públicos".

Acompañárono na visita a alcaldesa da cidade e o presidente da comunidade. O presidente do executivo reafirmou ante eles "o espírito de colaboración e de cooperación que cando, por desgraza, xorden estas traxedias, sempre despregamos as distintas administracións".

O presidente valenciano agradece as mostras de solidariedade que lle están chegando de toda España, tamén do líder do seu partido, que segue con preocupación os acontecementos. Alberto Núñez Feijóo lamentaba nas redes sociais a perda irreparable dos que faleceron.

Tamén houbo agradecemento dos políticos para os efectivos que están traballando coordinadamente na zona. Segundo Carlos Mazón, presidente da Comunidade Valenciana, os bombeiros están facendo  "un esforzo extraordinario, non durmiron un minuto en toda a noite e merecen o aplauso e o recoñecemento de todos".

O Goberno autonómico anunciou un paquete de medidas para os afectados, entre outras, axudas directas de entre 6 e 10.000 euros para gastos de primeira necesidade, de 1.000 a 1.500 euros ao mes para as familias que opten por alugar e os que merquen unha nova vivenda non terán que pagar o imposto de transmisións. Tamén axuda psicolóxica, veterinaria ou transporte gratuíto. Vaise canalizar todo a través da ventá única do concello de Valencia, que tamén está equipando para os afectados un edificio novo da súa propiedade con 131 vivendas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade