Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sanidade e as comunidades permiten comer e beber nos recintos deportivos

Sanidade e as comunidades permiten comer e beber nos recintos deportivos

Desde o vindeiro 1 de abril, a ocupación será a máxima

Tamén poderán venderse os produtos de forma itinerante

G24.gal 23/03/2022 19:04

O Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde acordou este mércores permitir a venda e o consumo de bebida e comida nos recintos deportivos, que terán en adiante unha ocupación do cen por cento, en exteriores e interiores.

A ministra de Sanidade, Carolina Darias, acordaron estas medidas que son un paso máis na volta á normalidade tras a pandemia e que se suman ao acordo alcanzado este martes para aplicar unha nova estratexia de vixilancia e control fronte á covid.

Desde o vindeiro 1 de abril, a ocupación será a máxima e permitirase tanto o consumo como a venda de alimentos e bebidas en recintos deportivos, sempre que se garanta que no se produzan aglomeracións nos postos de venda.

Tamén poderán venderse os produtos de forma itinerante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade