Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sanidade incorpora 7 patoloxías ao sistema de garantías de tempos máximos de atención

Sanidade incorpora 7 patoloxías ao sistema de garantías de tempos máximos de atención

Inclúense catro tipos de linfomas e tres doenzas relacionadas coa saúde feminina, que terán como límite 45 días para unha consulta e 60 días para unha intervención cirúrxica

As lesións potencialmente malignas do aparello reprodutor feminino introdúcense no sistema de vías rápidas para o tratamento do cancro

Imaxe de arquivo
G24.gal 27/05/2024 16:17

A Consellería de Sanidade incluíu 7 novas patoloxías no sistema de garantías de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias públicas, que establece 45 días para unha consulta e 60 días para unha intervención cirúrxica.

O novo decreto, aprobado este luns no Consello de la Xunta, que regula este sistema engadirá catro tipos de linfomas (de Hodking, folicular, non folicular, e de células T/NK maduras), así como tres patoloxías relacionadas coa saúde das mulleres (neoplasia maligna de útero, displasia do colo do útero e displasia vulvar leve e moderada).

Desta maneira, o número de patoloxías que terán esta garantía de tempo máximo pasa a ser de 115, fronte ás 108 do decreto anterior.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, informou ademais de que se introduce no sistema de vías rápidas para o tratamento do cancro, cunha atención nunha media de 15 días, as lesións potencialmente malignas do aparello reprodutor feminino, como o cancro de endometrio.

Por outra banda, Caamaño asegurou que as negociacións co colectivo médico sobre o sistema de xestión integral da demanda de equipo (XIDE), para as citas na atención primaria, están "moi avanzadas" e "os puntos de encontro son máximos" polo que confía en que haberá "un acordo máis pronto que tarde", tras as reunións previstas para este mesma semana.

Ademais, sobre as queixas dos usuarios do CHUS (Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela) polo "colapso" no servizo de Oncoloxía, confiou tamén en alcanzar unha solución para que "ao final do verán" se logre equilibrar a atención.

Segundo explicou, o problema atópase nas consultas de seguimento e non nos primeiros diagnósticos nin no tratamento e trátase de algo "xeneralizado en todo o país" porque "os pacientes con cancro cada vez viven máis e, por tanto, cada vez é necesario máis soporte en recursos humanos para facer o seguimento", xustificou.

Con este obxectivo, van intensificar as consultas de tarde e, de fronte ao futuro, van tentar crear protocolos para este tipo de consultas de seguimento e "ver realmente cando hai que facelas" e que parte pódese facer por parte doutros profesionais sanitarios, como os de Enfermería.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos