Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sanidade pide usar máscara en todos os centros sanitarios durante 15 días

Sanidade pide usar máscara en todos os centros sanitarios durante 15 días

Ata agora só había que levala en urxencias e nas unidades con pacientes inmunodeprimidos

A medida entrou en vigor ás 15:00 deste venres e esténdese durante 15 días

G24.gal 29/12/2023 13:07 Última actualización 29/12/2023 15:09

Desde hoxe ás tres da tarde, haberá que volver usar a máscara para acceder aos centros sanitarios, tanto de Atención Primaria como aos hospitais. A medida durará un mínimo de 15 días, ata que se volva revisar a situación da epidemia de gripe A, que mantén a hoxe máis de 650 pacientes ingresados nos hospitais galegos.

A medida anunciábaa o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. A máscara, que había que usar xa en Urxencias e nas unidades con pacientes inmunodeprimidos, para a ser unha recomendación firme e xeral para todas as áreas dos centros sanitarios.

"A recomendación é para todos os centros sanitarios a partir de hoxe ás tres da tarde, e estará convenientemente indicada na entrada destes centros. Manterémola polo menos quince días, en función da situación epidemiolóxica", anunciaba Comesaña.

A gripe A é agora mesmo o virus respiratorio con máis impacto tanto na poboación como nos servizos de saúde. Mentres, a Covid sitúase en terceiro lugar, mesmo tras o virus sincitial. Entre os tres suman 975 persoas ingresadas en Galicia. Das que están na UCI (27 por gripe) volven acaparar unha porcentaxe importante os pacientes non vacinados.  

O conselleiro lembrou que a campaña de vacinación se estende ata o 12 de xaneiro, en centros da saúde (contra a gripe) e hospitais (gripe e covid) e con cita previa.

A directora xeral de Saúde Pública, Carme Durán, informou de que o pico se estea a producir ou será inminente, e engadou que a incidencia será sostida dúas ou tres semanas máis. Ante esta situación o Sergas activou os plans de continxencia para sumar máis de 80 camas en total, mentres a gripe ralentiza por momentos a atención dos pacientes menos graves nas urxencias.

"Os pacientes máis leves teñen que esperar máis tempo e ao mellor esperan máis do habitual noutra época do ano. Queremos insistir no noso agradecemento aos profesionais dos servizos de urxencias, tanto de atención primaria como hospitalaria, polo esforzo destes días. E á cidadanía, por suposto, debemos pedirlle comprensión porque evidentemente temos que atender antes aos máis graves", explicou o conselleiro de Sanidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade