Santi Tarrío sae de Suráfrica antes do bloqueo pola ómicron: "A xente entrou en pánico"
Santi Tarrío sae de Suráfrica antes do bloqueo pola ómicron: "A xente entrou en pánico"
Conseguiu un voo de volta grazas a un patrocinador
O golfista galego Santiago Tarrío foi un dos afectados pola aparición da nova variante ómicron da covid no sur de África. Pasou por Zona mixta na Radio Galega para contar a súa odisea.
Viaxara aló para disputar os tres primeiros torneos do European Tour, a categoría en que se estrea esta tempada, pero as alarmas que saltaron en varios países europeos forzaron unha saída masiva e acelerada dos xogadores.
Sen voos e con escadas
Tarrío non atopaba prazas nos voos que se organizaron para regresar a Europa. Mercou varios billetes que foron cancelados ata que un patrocinador, o domingo, conseguiu atoparlle un asento nun enlace con Ámsterdam e así puido chegar a Galicia de madrugada.
Medo a non poder estar nin nas festas
Declaraba o golfista que incluso pensou que non podería saír do continente africano:
“O noso temor era quedar atrapados e ter que pasar alí o Nadal”
“Comprei tres voos que se cancelaron, a unha media de dous mil euros por persoa”