Publicador de contidos
Publicador de contidos

Santos Cerdán recoñece que foi el quen levou a Koldo García para Madrid

Santos Cerdán recoñece que foi el quen levou a Koldo García para Madrid

O secretario de Organización do PSOE compareceu esta mañá na comisión do Senado que investiga a trama Koldo

 Santos Cerdán nega ter responsabilidade xurídica no caso e asegura que Koldo García non traballou nunca para el

G24.gal 30/04/2024 13:56

Santos Cerdán admite que coñecía a Koldo García de Navarra. E recoñece que foi el quen o introduciu en Madrid para custodiar os avais de Pedro Sánchez para as primarias socialistas do 2017. 

Despois, relatou Cerdán, estivo contratado como condutor de José Luis Ábalos cando este era secretario de Organización do PSOE. E con Ábalos marchou para o ministerio. Insiste o número dous que Koldo García nunca traballou para el.

Santos Cerdán asegura que non ten responsabilidade xurídica no caso. Dende a oposición sinálano como o avalista de Koldo García.

Santos Cerdán sinalou que ficharon a Koldo García para encabezar a agrupación socialista en Huarte. Unha praza difícil, en 2011, mantén o secretario de Organización socialista. Agora admite tamén, que se se confirman os feitos, non mereceu a pena a súa fichaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade