Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sanxenxo e O Grove presentan o seu novo portal turístico dixital

Sanxenxo e O Grove presentan o seu novo portal turístico dixital

Nace hoxe como unha web de información e reservas, coa vocación de converterse en maio nunha plataforma con datos de máis de 140 sensores

Pretende optimizar a experiencia dos turistas e ser unha ferramenta para os empresarios do sector

G24.gal 20/03/2024 13:07

Os empresarios do sector turístico dos municipios do Grove e de Sanxenxo asistiron hoxe no Real Club Náutico á presentación do primeiro paso deste proxecto de dixitalización. 

De momento é unha web onde xestionar reservas de aloxamento ou restaurantes, e consultar información sobre todo tipo de opcións de lecer. Pero para maio pretende ter completada unha rede de 140 sensores e cámaras de control de afluencia, que permitirán consultar en tempo real a ocupación de praias ou aparcamentos, reservar rutas ou bicicletas ou ver en directo os lugares máis destacados.

"Sanxenxo e O Grove estamos medrando ben, pero non hai que quedar fóra. Non pode ser que dous destinos turísticos tan importantes non suban á era dixital", Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo.

"Son ferramentas interactivas, e que isto funcione vai depender de todos os empresarios do sector", engadiu José Cacabelos, alcalde do Grove.
 

O portal dixital vai estar aberto aos hostaleiros e empresas do sector, que poden ir actualizando a súa propia información. Forma parte do proxecto de dixitalización do Ministerio de Transformación Dixital e os concellos achegaron o 40 % dos fondos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade