Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sara Guerrero, campioa de España, vive o soño de disputar as series mundiais

Sara Guerrero, campioa de España, vive o soño de disputar as series mundiais

Sara pasou os primeiros meses do ano en Nova Zelandia, canda Javier Gómez Noya

G24.gal 18/04/2023 15:34 Última actualización 18/04/2023 15:39

Visitamos a Sara Guerrero en Narón. É a campioa de España de tríatlon, e este ano vive o soño de disputar as series mundiais.

En teoría descansa na casa, pero en realidade non para. Sara Guerrero, a naronesa campioa de España de tríatlon prepara a fondo unha campaña esixente. Principiouna coa primeira proba das series mundiais en Abu Dabi. Rematou no posto 50.

Sara pasou os primeiros meses do ano en Nova Zelandia, canda Javier Gómez Noya. Alí preparouse para un duro calendario que ten outra cita marcada en vermello: o campionato de España, que se celebrará na nosa terra, no que defenderá a súa coroa

"Gustaríame renovar este ano o Campionato de España, que é en Galicia, e compartilo con amigos e familia".

Máis ao lonxe tamén mira cara a París, pero non se obsesiona cos Xogos. Aos seus 25 anos, a triatleta galega vai sen présa, pero sen pausa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade