Sarria conta cun novo circuíto de todo terreos teledirixidos
Sarria conta cun novo circuíto de todo terreos teledirixidos
Deseñárono os afeccionados ao radiocontrol da vila, organizados como colectivo
A vila de Sarria conta xa co seu propio club de afeccionados aos coches todo terreo teledirixidos. Emulando a AC/DC, posto que tamén son roqueiros no sentido musical, denomínanse AC/RC, Asociación Crawler Radio Control.
O colectivo dispón dun circuíto neste lugar de Treilán, que foi cedido polos comuneiros. Os propios membros ocupáronse de deseñalo, e nel dispuxeron zonas de terra e de pedras e mesmo tres pontes colgantes.
Gonzalo Regueiro, Asociación Crawler Radio Control: "Isto estaba a monte, perdido de cascallos, e dende que o limpamos empezou a chegar xente para practicar e comprar coches, e cada día vai a máis".
Iván Barja, Asociación Crawler Radio Control: "Fixemos unhas rutas de 'crawler'. Limpamos as pedras para que haxa xona de escalada de rocas. Tamén temos algunhas escaleira de caracol e algunha ponte".
Os amantes sarriaos desta disciplina do radio control empregan dous tipos de aparellos. Algúns son réplicas a escala, mentres que outros teñen un motor en cada eixe.
Gonzalo Regueiro, Asociación Crawler Radio Control: "Con tranquilidade, coma se fose un coche real, ou subir o máis difícil e o máis duro pero sen que envorque".
Iván Barja, Asociación Crawler Radio Control: "Co paso do tempo, a ver se podemos facer algo aquí, xa que temos un circuíto. Xente que veu doutras partes di que está moi ben, asi que habemos explotalo".
Neste sentido, non descartan organizar unha proba que puntúe para o campionato de ámbito estatal.