Publicador de contidos
Publicador de contidos

Segue a busca do octoxenario desaparecido en Pontevea

Segue a busca do octoxenario desaparecido en Pontevea

Este mércores farase unha semana dende que faltou da casa

G24.gal 26/12/2023 16:47

En Teo, continúan buscando o octoxenario desaparecido o pasado mércores. As tarefas de busca seguen a centrarse no río Ulla, ao seu paso por Pontevea, zona na que se atoparan algunhas pertenzas do home.

O home deixou a súa chaqueta, os seus zapatos e as súas lentes xunto a unha nota escrita por el mesmo, co seu nome e apelidos na ponte medieval de Pontevea.

É por iso que o operativo de busca se centra neste punto, río abaixo, ata a zona do Xirimbao.

Un dispositivo no que traballa a Garda Civil por terra e tamén os GEAS, o Grupo Especial de Actividades Subacuáticas. Amais tamén está a Policía Local e o servizo municipal de emerxencias de Teo. Pero o certo é que as tarefas están a ser moi complicadas estes días porque o río Ulla baixa con moito caudal. Con todo, este martes fixérono descender un chisco ao pechar as portas do encoro.

Uns traballos que están seguindo moi de preto a familia deste home, xa que este mércores fará unha semana cando se viu por última vez a este veciño de Teo de 78 anos, xusto nesta zona de Pontevea, pero seis días despois de momento o operativo non está dando resultados". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade