Falecen dous motoristas tras bater contra un vehículo estacionado en Teo
A Garda Civil de Tráfico mobilizouse ata o lugar e certificou o falecemento dos dous ocupantes da moto
Dous motoristas, de 53 e 63 anos e veciños de Teo, morreron este xoves de madrugada ao sufrir un accidente contra un vehículo estacionado cando circulaban polo municipio coruñés de Teo. O accidente produciuse á 1:40 deste xoves no lugar de Cabovila da parroquia de Calo, segundo trasladou o CIAE 112 Galicia.
?? #AXEGAInforma de dous motoristas que perderon a vida esta madrugada en Teo.
— 112Galicia (@112Galicia) June 6, 2024
📍 Cabovila (San Xoán de Calo).
🚨 Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e @guardiacivil de Tráfico.
▶️ https://t.co/TPBTSkP8E7 pic.twitter.com/o9WVRXmKcm
O piloto, o máis novo dos dous homes, era un veciño moi coñecido da aldea de Lamas, moi próxima ao lugar do sinistro. Trátase dun empresario do sector da canteira que tiña dous fillos e que, segundo nos contan algúns dos seus coñecidos, podería estar achegando o acompañante á súa casa. Dáse a fatal circunstancia de que seu pai tamén faleceu en accidente de tráfico.
Tanto a moto, que, confirman fontes próximas ao falecido, non era da súa propiedade, como o coche quedaron sinistro total. O punto en que tivo lugar o accidente está nun tramo limitado a 50. Ata alí trasladouse a Garda Civil e os servizos sanitarios. A investigación será quen esclareza as causas do sinistro.