Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan un condutor sen carné que sufriu un accidente e fuxiu polo monte en Ourense

Investigan un condutor sen carné que sufriu un accidente e fuxiu polo monte en Ourense

O condutor, que non tiña licenza para conducir, tratou de camuflarse entre o público que asistía a un festexo

Intentou fuxir do lugar camuflado nos asentos traseiros dun vehículo que transitaba pola zona

Estado en que quedou o vehículo sinistrado Estado en que quedou o vehículo sinistrado
G24.gal 04/02/2025 09:55

A Garda Civil recibiu unha chamada telefónica sobre as tres e media da madrugada que alertaba dun accidente na estrada OU-0513, que une as localidades de Rairo e O Cumial. Un vehículo da marca Volkswagen saíu da vía e colidiu frontalmente contra unha árbore, precipitándose logo por un desnivel. 

Cando a patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Ourense chegou ao lugar non atoparon nin o condutor nin os ocupantes do vehículo. Grazas a varias testemuñas puideron localizar o condutor nunha festa que había nese momento na localidade das Curuxeiras, onde intentou camuflarse entre a xente. Resultou ser un varón de 21 anos residente na Valenzá (Barbadás), que ao ser descuberto fuxiu adentrándose nun monte próximo.

As patrullas estableceron controis nos arredores, logrando atopalo sobre as seis e media da mañá cando intentaba fuxir do lugar camuflado nos asentos traseiros dun vehículo que transitaba pola zona.

Está sendo investigado por un presunto delito contra a seguridade viaria, ao carecer de permiso de conducir, polo que pode ser condenado á pena de prisión de tres a seis meses, a unha multa de doce a vinte e catro meses ou a traballos para a comunidade de 31 a  90 días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade