Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un motorista tras saír da vía en Teo

Falece un motorista tras saír da vía en Teo

Tras a súa chegada, as urxencias sanitarias trataron de reanimar o motorista, pero só puideron confirmar o seu falecemento

G24.gal 11/06/2024 13:45 Última actualización 11/06/2024 14:17

Un condutor alertou o 112 Galicia do accidente pouco antes das 13:00 horas. Segundo indicou, un motorista quedou inconsciente ao saírse da vía cando o adiantou.

Os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago ata Santa María de Luou, onde tivo lugar o accidente. Tamén foron informados do suceso os Bombeiros de Santiago, GES de Padrón, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e o Servizo Municipal de Protección Civil de Teo.

Tras a súa chegada, as urxencias sanitarias trataron de reanimar ao motorista pero só puideron confirmar o seu falecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade