Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan dúas persoas acusadas de ciberestafa de 9.000 euros a un veciño de Teo

Investigan dúas persoas acusadas de ciberestafa de 9.000 euros a un veciño de Teo

O equipo de ciberdelincuencia da Garda Civil do Milladoiro resolveu o caso tras identificar dous homes, un en Ferrol e outro en Donostia, que se fixeron pasar por empregados do seu banco

Utilizaron as técnicas denominadas vishing e spoofing para entrar nas contas do prexudicado

Equipo de @Garda Civil Milladoiro Equipo de @Garda Civil Milladoiro
G24.gal 12/05/2024 12:33 Última actualización 12/05/2024 13:26

Dous homes, un de Ferrol e outro de Donostia, foron investigados por defraudar 9.000 euros a un veciño de Teo, en Santiago de Compostela, facéndose pasar polo seu banco mediante técnicas telefónicas de vishing e spoofing.

O Equipo@milladoiro da Garda Civil da Coruña conseguiu esclarecer este caso de calote, nunha investigación denominada Lacame, que se iniciou en xaneiro, despois de que o veciño de Teo denunciou recibir unha chamada telefónica supostamente do banco onde tiña conta.

O estafador fíxose pasar por un empregado do banco e solicitou ao denunciante unha serie de contrasinais para cancelar unha transferencia non autorizada de 9.000 euros. A vítima da estafa, confiando na identidade do suposto traballador bancario, proporcionou as súas credenciais e, ao pulsar unha ligazón na aplicación móbil do banco, autorizou involuntariamente a transferencia perdendo o diñeiro da súa conta.

As técnicas utilizadas polos estafadores incluíron o vishing, mediante chamadas telefónicas fraudulentas, e o spoofing telefónico, que consiste en manipular o identificador de chamadas para que apareza o número lexítimo do banco en lugar do número real do estafador.

A Garda Civil advirte a poboación de non proporcionar nunca a contrasinais nin as credenciais bancarias a ninguén. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Garda de Santiago de Compostela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade