Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia votará cos orzamentos de 2024 xa operativos

Galicia votará cos orzamentos de 2024 xa operativos

Alfonso Rueda convoca eleccións e di que quere que Galicia funcione con normalidade

G24.gal 21/12/2023 08:00 Última actualización 21/12/2023 14:00

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este xoves que as eleccións galegas terán lugar o vindeiro domingo 18 de febreiro. Anunciouno en conferencia de prensa despois da reunión ordinaria do Consello da Xunta e dixo que quere que "Galicia funcione con normalidade".

Tamén explicou que os orzamentos estarán aprobados en xaneiro, paso previo para a convocatoria das eleccións, e que serán os máis grandes da historia de Galicia superando os 13.250 millóns de euros.

"Con estes orzamentos queremos continuar coas iniciativas que Galicia leva liderando, como baixadas de impostos, escolas infantís de balde ou o calendario de vacinación máis completo do mundo", explicou Alfonso Rueda. 

"E con estas contas queremos activar outras cousas coma o bono deporte para familias, a cota cero para os autónomos, autobuses de balde para maiores de 65 anos, bono de 5.000 euros para persoas dependentes que viven no domicilio e complemento de 1.200 euros para os que están nunha residencia e outras axudas ao alugueiro", segundo explica o presidente da Xunta.

"O que seremos o día de mañá hai que decidilo nas urnas, e os galegos poden optar libremente por que os goberne quen mellor dirixa a Xunta e quen mellor defenda a dignidade de Galicia que é a dignidade de todos", argumentou Alfonso Rueda. 

O Goberno galego tamén aprobou no Consello da Xunta a lei de beneficios dos recursos naturais de Galicia, unha norma que ampara a creación dunha sociedade pública para xestionar estes recursos e os aproveitamentos de enerxía renovable en Galicia.

Esta sociedade mixta, xa en funcionamento, está impulsada por 33 socios, 32 deles privados, na que achegan inicialmente un capital de 15 millóns. O obxectivo, segundo a Consellería de Economía, Industria e Innovación é que esa cifra chegue a multiplicarse nun prazo de cinco anos, ata acadar os 100 millóns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade