Publicador de contidos
Publicador de contidos

Segunda persoa, en dous días, que atopan morta na súa casa en Ferrol

Segunda persoa, en dous días, que atopan morta na súa casa en Ferrol

Estase á espera do resultado da autopsia

G24.gal 25/10/2021 13:26

Eran as oito e vinte da tarde deste domingo cando os bombeiros, alertados pola Policía Nacional, accedían ao interior do primeiro andar deste inmoble do barrio ferrolán de Ultramar.

Foron uns veciños que ao non ver a muller, de 66 anos, desde o xoves pasado, estrañados, alertaron os servizos de emerxencias. Outros moitos aínda sabían hoxe o acontecido.

Ao non localizar ningún familiar, o xuíz de garda autorizou o levantamento do cadáver. Agora estase á espera do resultado da autopsia, que revelará as causas da súa morte.

Esta muller falecida é a segunda persoa, en dous días, que aparece morta na súa casa de Ferrol, porque na xornada anterior tamén apareceu o corpo sen vida dun home na súa vivenda do barrio de Caranza que, ao parecer, tamén estaba chea de desperdicios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade