Expertos en IA aseguran que o futuro dos procesos educativos pasa polo seu uso
Expertos en IA aseguran que o futuro dos procesos educativos pasa polo seu uso
Celebrouse en Compostela a XXI Xornada Forxando o futuro da educación e a FP con IA
Estivo organizada pola Federación Autonómica de Centros de Ensino Privado
Antonio Osorio: "O propio sector produtivo mete presión para que o alumnado coñeza as ferramentas da IA"
En Santiago desenvolveuse este sábado a xornada Forxando o futuro da educación e a FP con intelixencia artificial, organizada pola Federación Autonómica de Centros de Ensino Privado.
O futuro dos procesos educativos pasa pola utilización da Intelixencia Artificial. Así o aseveran os expertos na materia que se deron cita nese foro. Aseguran que é unha ferramenta que transforma as estratexias docentes e introduce novas metodoloxías de ensino nas aulas.
"Coñecer as ferramentas máis adecuadas, a optimización do tempo e a adecuada capacitación do persoal docente para utilizar a intelixencia artificial na aula, mellorar a pedagoxía, para crear material didáctico, para atender á diversidade do alumnado", di Luis Alfonso Ruiz, director de Proxectos Grupo-AE.
Tamén permite personalizar a aprendizaxe e a titorización automatizada dos alumnos. Na Formación Profesional, dominar ferramentas da Intelixencia Artificial en determinados campos, como o da informática, as artes gráficas ou o deseño, están a ser necesarias xa para acceder ao mercado laboral.
"É o propio sector produtivo o que está a meter presión para que os alumnos coñezan as ferramentas de IA que aplican en calquera das súas especialidades. Nesas especialidades da FP xa se está incluíndo tempo de traballo de profesorado e alumnado ferramentas de IA porque especificamente cando vaian ao mercado laboral van necesitar ese tipo de ferramentas, coñecelas para poder levar a cabo o seu traballo", di Antonio Osorio, responsable da FP no Grupo-AE.
Axudará tamén á detección temperá de problemas de aprendizaxe e potenciará o uso de axentes virtuais intelixentes que proporcionen apoio ao alumnado. E entre os desafíos e o perigo no noso país.
"Obviar a IA e non saber utilizala, cando hai países que xa a están a utilizar dentro dos seus currículos e aquí seguimos a pensar aínda non seus perigos", engade Luis Alfonso Ruiz.