Seis anos de cadea por un homicidio en grao de tentativa

Condenado por acoitelar un home á saída dun local de copas de Ourense

G24.gal 10/11/2023 20:16 Última actualización 10/11/2023 20:23

A Audiencia Provincial de Ourense condenou un home a seis anos de cárcere como autor dun homicidio en grao de tentativa.

Segundo o tribunal, quedou probado que o condenado acoitelou un home, en dúas ocasións, con intención de matalo á saída dun local da zona dos viños de Ourense, tras protagonizar unha liorta.

Os feitos ocorreron en abril do ano pasado. Contra esta sentenza cabe recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade