Cargando resultados...
Selo galego entre os turismos máis vendidos en Europa
Selo galego entre os turismos máis vendidos en Europa
O Peugeot 2008 fabricado en Vigo sitúase no cuarto posto
En novembro matriculáronse máis de 16.000 unidades
G24.gal
27/12/2021 14:29
Na lista dos 10 turismos máis vendidos en Europa o pasado mes de novembro hai selo galego. O Peugeot 2008, o SUV que Stellantis fabrica en exclusiva na súa planta de Vigo, pechou o mes de novembro como o cuarto turismo máis vendido con máis de 16.000 unidades matriculadas. Outro vehículo de Stellantis, fabricado neste caso en Zaragoza, o Opel Corsa, sitúase na sétima posición.