Semana de calor e praia nas Rías Baixas
Semana de calor e praia nas Rías Baixas
As altas temperaturas, de máis de 30 graos, acompañarán polo menos ata a fin de semana
Canto esperamos por ela! Parecía que non chegaba nunca! Por fin a calor consolídase e podemos dicir que o verán meteorolóxico xa está aquí. Despois dun tempo revolto, no que pasamos por varios temporais, os raios de sol apertan con forza, con temperaturas que superan os 30 graos nas Rías Baixas.
Altas temperaturas acompañadas dunha lixeira brisa, que nos convidan a gozar dun agradable día de praia. O areal de Samil, un dos máis concorridos, enchíase dende primeira hora da mañá de paseantes, bañistas e aqueles desexosos de coller por fin un atractivo moreno.
Así pois, toca aproveitar mentres poidamos, deste agasallo en forma de calor, que se estenderá ata a fin de semana.