Publicador de contidos
Publicador de contidos

Separatistas prorrusos denuncian ataques para frustrar os referendos

Separatistas prorrusos denuncian ataques para frustrar os referendos

Continúan as protestas en Rusia contra a mobilización militar

Milleiros de rusos seguen fuxindo para evitar ir á guerra

Mañá rematan os referendos na rexión do Donbás
G24.gal 26/09/2022 08:29

As autoridades prorrusas aseguran que Kíiv está intensificando as súas ofensivas nos territorios separatistas do leste de Ucraína para frustar os referendos de anexión a Rusia. Polo menos dúas persoas morrían nas últimas horas nun ataque con mísiles contra un hotel de Khersón. Tamén denunciaron ataques contra o centro de Donetsk. 

As votacións nesta cidade, e tamén en Lugansk, en Khersón e en Zaporijia, ás que Ucraína e parte da comunidade internacional negan toda lexitimidade, rematan mañá e dáse por feito que gañará o si. 

Mentres, nas principais cidades rusas, en Moscova ou San Petersburgo, continúan as protestas contra a mobilización militar ordenada por Putin, sobre todo contra a arbitrariedade á hora de ordenar os recrutamentos. Desde o mércores, xa se produciron máis de dúas mil detencións. En Sibeira, unha protesta de mulleres terminou con varias detidas. 

Ao mesmo tempo, continúa o éxodo de homes en idade militar polas fronteiras terrestres. Así estaba onte o paso fronteirizo con Mongolia, por onde cruzaron xa nos últimos catro días máis de tres mil rusos. 

Moito movemento tamén na fronteira con Xeorxia. Contan que non queren ir á guerra, que non queren participar no plan de Putin. Saben a que se enfrontan desertando. O presidente firmaba esta fin de semana o aumento de penas por deserción e rendición. 

A eles, aos cidadáns rusos, dirixiu esta noite o seu discurso o presidente ucraíno Volodimir Zelenski. Chámalles camaradas e dilles que teñen varias opcións: evitar ser recrutados, fuxir ou renderse aos ucraínos, porque dixo que quen os mandan á guerra saben que van morrer. E asegurou que cantos máis cidadáns da Federación rusa intenten protexer as súas propias vidas, antes rematará a guerra contra o pobo ucraíno. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade