Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sergi Arola, Samuel Eto'o, Kiko Matamoros e Twitter, na lista de morosos de Facenda

Sergi Arola, Samuel Eto'o, Kiko Matamoros e Twitter, na lista de morosos de Facenda

A listaxe dispárase un 88 por cento respecto á anterior

Esta repunta débese a que o límite da débeda baixa dun millón a 600.000 euros

G24.gal 27/12/2021 13:56

O cociñeiro Sergi Arola, o exfutbolista Samuel Eto'o, o televisivo Kiko Matamoros e Twitter entraron na lista de morosos publicada pola Axencia Tributaria, que agora ten criterios máis estritos.

Figuran tamén o ex socio de Iñaki Urdangarin, Diego Torres ou o empresario Bartolomé Cursach.

A listaxe dispárase un 88 por cento e supera os 7.200 grandes debedores que suman máis de 18.200 millóns. 

Esta repunta débese a un cambio de criterio: o límite da débeda baixou dun millón a 600.000 euros.

Precisamente debido a este umbral máis baixo incorpórase Eto'o, con 981.000 euros, que non entraría se o baremo fose o anterior dun millón de euros.

Aparecen non só os debedores principais, senón tamén os responsables solidarios. Esta inclusión é o segundo factor que incide no incremento do número de morosos.

Caen da lista de morosos

Saen da listaxe o vicepresidente do Sevilla Fútbol Club, José María del Nido Carrasco e o club Estudiantes. Isto non significa necesariamente que saldaran a débeda, senón que ou a situaron por debaixo dos 600.000 euros, ou lograron algún tipo de suspensión ou aprazamento antes do 31 de agosto.

Tamén saen deste documento os que saldaran as débedas na súa totalidade no prazo de alegacións.

Os maiores morosos de España

Permanece o empresario Agapito García, que se mantén como o maior debedor persoa física de España, con 14,9 millóns.

Repiten o adestrador Carlo Ancelotti (1,4 millóns) e o futbolista Dani Alves (1 millón). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade