Cargando resultados...
O Supremo confirma a multa a Isabel Rodríguez por non ser neutral en período electoral
O Supremo confirma a multa a Isabel Rodríguez por non ser neutral en período electoral
Mantén a multa de 4.700 euros por declaracións cando era voceira do Goberno
A sanción da Xunta Electoral produciuse en vésperas das eleccións municipais do 2023
Antón Montero
23/10/2024 19:47
O Tribunal Supremo confirma a multa á ministra de Vivenda por non ser neutral en período electoral.
Isabel Rodríguez era voceira do Goberno en abril e maio do ano pasado. Daquela, a xunta electoral multouna con 4.700 euros por varias declaracións que aludían a logros do executivo en vésperas das eleccións locais e autonómicas.
A ministra recorrera aquela multa, pero o Supremo négalle a razón e considera que a sanción estaba xustificada.