Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pontón insta a "saír do Matrix de Monte Pío" a Feijóo, que lle afea o seu "independentismo"

Pontón insta a "saír do Matrix de Monte Pío" a Feijóo, que lle afea o seu "independentismo"

O presidente da Xuntacomprometeuse a seguir traballando para buscar solucións ás industrias, e reprochoulle ao BNG que se manifeste a prol do independentismo con Bildu

Gonzalo Caballero é partidario de reformar o Estatuto de Autonomía

G24.gal 24/11/2021 08:33

A situación de empresas como Alcoa ou Ence serviron no pleno como panca no debate entre o presidente da Xunta e a voceira nacionalista. Feijóo cre que o NBG utiliza constantemente as manifestacións á marxe das necesidades reais que teñen os traballadores.

"Vostede é alguén que non busca solucións, só culpables", asegurou a líder do BNG, e engadiu: "Dino na rúa os que saen en defensa da sanidade pública ou da comarca da Mariña ou do sector agrogandeiro".

"Eu tomei nota e propuxen desde o principio unha solución para Ence e para Alcoa. E dixen que era unha falacia falar de Alcoa sen dar un prezo razobale para producir aluminio privado. Non sei que parte da cidadanía galega lle pediu a vostede que fose esta pasada fin de semana con Bildu para pedir a independencia de Euskadi", respondeulle o presidente da Xunta. 

A Núñez Feijóo tamén lle parece que están desconectados dos cidadáns os socialistas galegos, que piden agora unha reforma do Estatuto de Autonomía. Pídolle que abra unha páxina na historia da autonomía e Galicia abrindo a reforma do Estatuto de Autonomía nesta lexislatura", urxía o voceiro do Grupo Socialista.

"Falar desa reforma, que non forma parte das preocupacións dos galegos, pode facerlles pensar que non estamos respondendo aos seus problemas cotiás", dixo Feijóo. 

Minuto a minuto

10:05

Comeza a sesión de control ao presidente da Xunta no Parlamento de Galicia

10:06

Gonzalo Caballero: "O modelo autonómico ten que adaptarse aos tempos que temos que vivir".

10:07

Caballero dille a Feijóo que, a medida que vaian pasando os peores momentos da pandemia, é hora de abrir unha páxina de adaptación do Estatuto de Autonomía ás necesidades do século XXI

10:08

Caballero: "Queremos pedirlle que abra a actualización e a reforma do Estatuto de Autonomía".

10:09

Caballero dille a Feijóo que ten a man tendida dos socialistas de Galicia para traballar buscando o mellor para os galegos e as galegas.

10:10

Alberto Núñez Feijóo respóndelle a Gonzalo Caballero

10:10

Feijóo: "Estar falando diso no Parlamento non é máis ca un exercicio teórico de futuribles. Probablemente, o máis importante é saber cal é a postura do PSOE e que quere cambiar".

10:11

Feijóo: "A reforma do Estatuto non está e non forma parte dos problemas dos galegos, probablemente pensarán que non estamos respondendo aos seus problemas cotiáns, inmediatos e urxentes". 

10:12

Feijóo dille a Caballero que para abordar a reforma do Estatuto hai que traballar con dous supostos: que o BNG abandone o independentismo e o soberanismo e saber que é hoxe por hoxe o PSOE en Galicia.

10:13

Feijóo: "Estamos na maior época de prosperidade democrática da nosa historia, na única época de autogoberno que tivemos na nosa historia e coa mellor calidade de vida. Sería bo concretar cal é a proposta dos partidos da cámara".

10:14

Feijóo dille a Caballero que un dos retos máis importantes que hai por diante é o financiamento das comunidades autónomas.

10:15

Caballero respóndelle a Feijóo

10:15

Caballero: "Cando falamos de actualizar o Estatuto de Galicia estamos a falar dos galegos e galegas porque é un instrumento para facer Galicia. Queremos blindar os dereitos a servizos públicos da cidadanía con independencia do lugar en que vivan".

10:17

Caballero maniféstalle a Feijóo que os socialistas propoñen modificacións útiles para os galegos e galegas.

10:18

Caballero: "O PP tense que separar de Abascal, de Ayuso e ten que apostar polo Estatuto e tamén porque o PSdeG vai amosar o seu compromiso galeguista para avanzar nesa liña".

10:19

Caballero: "Busquemos o que nos une para defender os dereitos dos galegos e galegas do século XXI porque é algo que mellorará o benestar da cidadanía".

10:19

Quenda de Feijóo no peche de pregunta de Gonzalo Caballero

10:19

Feijóo: "Vostedes gobernando en Euskadi manteñen o Estatuto, non é necesario cambialo nin modificalo. Aquí como non gobernan, resulta que é necesario modificalo".

10:20

Feijóo: "Estamos ante retos moi importantes: Alcoa está a piques de pechar, Ence está a piques de ser desaloxada e á xente preocúpalle o 5,5 % do IPC que está gravando todos os salarios. Este Goberno está centrado en afrontar os problemas da xente e dubido moito de que debamos de poñer en cuestión o marco institucional estatutario para resolver os problemas da xente".

10:22

Feijóo: "Onte oito presidentes autonómicos de tres partidos diferentes pactamos moitas máis cousas das que son capaces de pactar neste Parlamento".

10:24

Quenda de Ana Pontón para formularlle a pregunta ao presidente da Xunta 

10:25

Pontón dille a Feijóo que está instalado no Matrix de Montepío e esa desconexión impídelle escoitar milleiros de persoas que saen á rúa para protestar contra un presidente que se converteu nun problema.

10:26

Pontón: "O que se necesita é vontade política e un presidente que exerza como presidente de Galicia e deixe de ser o delegado do PP máis ultra da historia".

10:27

Pontón ofrécelle propostas a Feijóo para darlle futuro a Galicia: un plan industrial para a comarca da Mariña onde o primeiro punto ten que ser a intervención pública de Alcoa, plan de reforzo de Atención Primaria con máis de 200 millóns de euros, que sente na mesma mesa a produtores, industria e distribución para acabar cos prezos baixos do sector e destinar o 1 % do orzamento para loitar contra a violencia machista.

10:29

Feijóo respóndelle a Pontón 

10:29

Feijóo: "Fíxese se os galegos saben votar que nos estamos aquí e vostedes alí, os galegos que saben votar nunca xamais lle deron á Xunta ao BNG".

10:30

Feijóo: "É importante defender o interese xeral e non o partidario, comprobar se unha proposta encaixa na lexislación do país e comprobar se unha proposta se pode financiar ou non". 

10:31

Feijóo dille a Pontón que están na rúa porque escoitaron a cidadanía na manifestación de Alcoa e trasladoulle as propostas á ministra Reyes Maroto.

10:34

Ana Pontón respóndelle ao presidente da Xunta

10:35

Pontón: "Se cre que por gañar unhas eleccións ten a razón e nós imos vir darlla, está moi equivocado. Nin nos calou no pasado nin nos vai calar agora. Este país necesita alguén que defenda a súa xente".

10:36

Pontón: "Vostede mandou os seus deputados á manifestación de Alcoa, pero vostede non se atreve a pisar a comarca da Mariña".

10:38

Pontón dille a Feijóo que ten dous problemas: que é o delegado do PP máis ultra da historia e que goberna pensando nos intereses dos lobbys eléctricos.

10:39

Feijóo pecha a quenda de réplica

10:39

Feijóo: "A nós non nos preocupan os membros do consello de administración de Ence porque eles seguirán tendo traballo, a nós impórtannos os traballadores do país".

10:41

Feijóo dille a Pontón que están a favor, se é imprescindible, dunha intervención puntual de Alcoa.

10:41

Feijóo: "Como que non vou á Mariña? Convídoa a vir comigo o próximo sábado para falar da pesca coa xente da Mariña".

10:42

Feijóo pregúntalle a Pontón se vai acudir á manifestación dos traballadores da Policía Nacional e da Garda Civil.

10:43

Feijóo: "É moi difícil pactar o Estatuto de Galicia con esta forza independentista e soberanista".

10:45

Remata a sesión de control ao presidente da Xunta e continúa o pleno no Parlamento coa orde do día.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade