Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sete galegos aspiran a un Goya na gala desta noite en Sevilla

Sete galegos aspiran a un Goya na gala desta noite en Sevilla

"As Bestas" de Sorogoyen, filme ambientado en Galicia, con 17 candidaturas, parte como favorita este ano

Imaxe da película "As Bestas" de Sorogoyen, favorita nos Goya de 2022
G24.gal 11/02/2023 13:50

Esta noite, sete galegos aspiran a un Goya. A edición número 37 da cerimonia celébrase en Sevilla coa película As Bestas, un filme de Rodrigo Sorogoyen ambientado en Galicia, como a favorita.

Con 17 candidaturas, As Bestas parte como a favorita deste ano, opta aos galardóns á mellor película e á mellor dirección, xunto a Alcarrás, Cinco Lobitos e Modelo 77.

Ademais, os galegos Luís Tosar, Javier Gutiérrez, Diego Anido, Fran Araújo, Alberto Vázquez e Pedro Díaz optan a un cabezón.  

Zahera e Anido, competirán na categoría do mellor actor de reparto pola súa interpretación en As Bestas.

A Gala celébrase esta noite no Auditorio Andalucía de Sevilla e estará dirixida por Clara Lago e Antonio de La Torre. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade