Cargando resultados...
Sexta noite consecutiva de bombardeos sobre Kíiv
Sexta noite consecutiva de bombardeos sobre Kíiv
Trinta artefactos foron lanzados sobre a capital ucraína
Houbo unha incursión con artillería en Belgorod, territorio ruso
Esta madrugada tamén se rexistraron bombardeos noutro territorio ruso, Bryansk
G24.gal
02/06/2023 10:12
Esta foi a sexta madrugada seguida de ataques sobre Kíiv. Así estaba esta noite o metro da cidade, os residentes da capital ucraína tiveron que refuxiarse dos continuos bombardeos, desta volta foron máis de trinta artefactos lanzados.
Por outra banda, houbo incursións con artillería nunha zona rusa fronteiriza, Belgorod. Moscova di que entraron no seu territorio tropas ucraínas. O gobernador da rexión rusa de Bryansk, ao norte de Ucraína, dixo que dúas vilas pequenas foron bombardeadas nas últimas horas.