Publicador de contidos
Publicador de contidos

Shanghai, ao límite tras dúas semanas de confinamento estrito

Shanghai, ao límite tras dúas semanas de confinamento estrito

A política de "cero coronavirus" provocou a protesta do seus habitantes

Ademais do peche masivo, os cidadáns tamén se lamentan das dificultades para obter alimentos
 

G24.gal 16/04/2022 20:53

A situación que está a vivir Shanghai lémbranos os peores momentos dos inicios da pandemia na China. Hai un confinamento estrito de gran parte dos seus 25 millóns de residentes pola política de "cero covid". Iso unido á dificultade de acceder a produtos básicos está a levar ao límite a cidade e os seus habitantes.

Rúas baleiras, algúns repartidores en moto, persoal en camións con produtos de primeira necesidade e persoal médico cos equipos de protección entrando en áreas residenciais... son as escenas habituais nos últimos días en Shanghai tras máis de dúas semanas de confinamento estrito.

As autoridades desta urbe, no centro do gromo recente da China, informaron este sábado dos datos do venres, cun récord de contaxios de preto de 3.600 casos positivos con síntomas e de algo máis de 19.900 casos asintomáticos en 24 horas.

O reconto de positivos de covid de Shanghai representa a gran maioría dos casos de todo o país, incluso cando gran parte dos seus 25 millóns de residentes permanecen confinados.

A poboación leva días expresando nas redes sociais a súa frustración e fartura polo peche ao que están sometidos, xa que calquera persoa que dea positivo, sintomático ou non, debe pasar a corentena nas instalacións estatais, das que moitas persoas se queixan por estaren en malas condicións.

Os cidadáns tamén se lamentan das dificultades para obter alimentos.

Aínda así, as autoridades da Comisión Municipal de Comercio de Shanghai asegurou que se está a traballar para aumentar a subministración nos supermercados das necesidades diarias como arroz, fariña de trigo, aceite, verduras, carne, froitas e produtos de aseo.

A súa peor vaga de covid desde que comezou a pandemia e a política de "cero coronavirus" está a levar ao límite esta cidade e os habitantes.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade