Publicador de contidos
Publicador de contidos

Showa Denko estuda abrir na Coruña unha fábrica de grafito para baterías para coches

Showa Denko estuda abrir na Coruña unha fábrica de grafito para baterías para coches

Os directivos da multinacional xaponesa explicaranlle o proxecto ao presidente da Xunta

G24.gal 02/02/2022 14:51

A multinacional xaponesa Showa Denko mercou no 2017 unha fábrica de eléctrodos de grafito para fundir chatarra da Coruña con seis décadas de experiencia. Experiencia que a compañía quere aproveitar para instalar aquí a primeira factoría de Europa de po de grafito para baterías.

Segundo lle trasladaron hoxe os seus directivos ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cos que se reuniu na planta que o grupo ten no polígono da Grela. A empresa está estudando a viabilidade do proxecto, que tería un grande impacto no sector do automóbil.

"As 60.000 toneladas de grafito artificial que se producirían aquí abastecerían a un millón de baterías de automóbil, que é superior á venda de coches en España o ano pasado. Esa é a magnitude do que estamos a falar", dixo César Castiñeira, director de Operacións de Showa Denko.

Os puntos a favor para decantarse por Galicia para instalar a fábrica son as conexións por mar e terra e ter acceso a 200.000 metros cadrados de solo industrial e a enerxía renovable. Alberto Núñez Feijóo comprometeuse cos directivos da multinacional a facilitarlles un parque eólico para subministrarlles enerxía a prezo fixo e pídelle ao Goberno unha tarifa eléctrica competitiva para non deixar escapar este investimento.

"Estamos falando de 400 millóns de euros nunha inmensa fábrica que consolidaría o sector do automóbil do futuro en Galicia. Por parte da Xunta non imos deixar escapar esta oportunidade. Necesitamos un socio, que é una tarifa eléctrica axeitada", dixo o presidente da Xunta.

A multinacional di que a fábrica crearía varios centos de empregos de alta calidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade