Publicador de contidos
Publicador de contidos

Oportunidade estragada do Celta no Madrigal nun espectacular partido (4-3)

Oportunidade estragada do Celta no Madrigal nun espectacular partido (4-3)

A Televisión de Galicia estreouse cun magnífico espectáculo cheo de alternativas e goles no que o cadro vigués dispuxo de innumerables oportunidades para levar o triunfo

O Vilarreal acadou a vitoria cun gol de Parejo no minuto 100

G24.gal 26/08/2024 20:10 Última actualización 26/08/2024 23:30

Minuto a minuto

1

Comeza o partido na Cerámica. Lembrade que o podedes seguir na TVG e en agalega.gal

3

Tira Alfon, toca nun defensa e salva o porteiro do Vilarreal. Gran ocasión do Celta!!!

12

0-1 GOOOOOOL DE BORJA IGLESIAS. Pase en longo de Ilaix, Alfon está a piques de marcar e Borja acaba marcando o rexeitamento!!!

15

Remate de Gerard Moreno moi alto

18

Outro remate de Gerard Moreno que chapa con seguridade Iván Villar

21

Paradón de Iván Villar diante de Álex Baena. Gerard Moreno pide penalti por unha acción anterior.

26

1-1 Empata o Vilarreal á saída dun córner. Prolonga Gerard Moreno e marca Sergi Cardona.

32

1-2 GOOOOOOL DE MINGUEZA. Sorprende cunha falta directa desde unha posición moi afastada. Golazo!

36

Outra vez nun córner xera perigo o Vilarreal. Comesaña está a piques de marcar.

38

Cabezada de Álex Baena que chapa con seguridade Iván Villar

42

Acción persoal de Alfon que saca a defensa do Vilarreal baixo paus

45

Ao pau Yeremy Pino!!! Vaia primeira parte repleta de ocasións. Agora salvouse o equipo galego.

46

Comeza a segunda parte!

58

Hugo Álvarez e Beltrán ao campo. Marchan Ilaix e Carreira.

60

2-2 Empata o Vilarreal. Cabezada de Barry, que acababa de entrar no partido, que vai á rede.

63

Álex Baena proba sorte cun remate cruzado, pero marcha desviado

65

3-2 Remonta o Vilarreal noutra xogada de Barry, pon o centro e marca Jailson en propia porta

69

Momento de Aspas. Tamén entra Williot. Sae Alfon, que fixo unha gran primeira parte.

70

Xogada rápida de contragolpe do Vilarreal que acaba cun remate de Pépé que sae a carón do pau.

73

Partido de ida e volta... Agora é Azoye o que remata desviado

80

3-3 GOOOOOL DE STARFELT. Nunha xogada de córner, centra Mingueza e Starfelt cabecea á rede.

87

Swedberg!!!! Remata de cabeza en inmellorable posición e saca o porteiro do Vilarreal

89

Gol anulado a Santi Comesaña por fóra de xogo!!!

90

Ao poste Douvikas!!!!! Tivo o Celta o gol da vitoria

94

Dúas clarísimas de Swedberg!!!!! Atópase con Diego Conde por dúas veces. Puido gañar o Celta o partido.

100

4-3 Penalti de Hugo Álvarez sobre Barry. Marca Parejo despois de fallar o penalti, pero aproveita o rexeitamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade