Así quedaron os emparellamentos galegos da primeira eliminatoria da Copa do Rei
Xa coñecemos os emparellamentos dos 7 equipos galegos:
Ebro - Celta
Adarve - Lugo
UCAM - Dépor
Albacete - Rácing
Bergantiños - Tudelano
Arenteiro - SD Logroñés
Victoria CF - Vilarreal
Os partidos serán entre o 30 de novembro e o 2 de decembro
Minuto a minuto
Todo listo para coñecer os rivais dos sete equipos galegos (Celta, Lugo, Racing de Ferrol, Deportivo, Arenteiro, Bergantiños e Victoria) na primeira eliminatoria da Copa do Rei.
Comeza a emisión na canle de Youtube da Real Federación Española de Fútbol
Vídeos promocionais da Copa do Rei e presentación do trofeo. Vemos xa os seis bombos.
Fala Luis Rubiales: "É a Copa máis representativa do mundo. 112 equipos, a única copa con ese perfil en todo o mundo"
Explican o formato: 16 equipos de Primeira, 21 de Segunda, 29 de Primeira Federación, 32 de Segunda Federación, 4 da Copa Federación, 10 da eliminatoria previa.
Primeiro equipo galego con emparellamento!
VICTORIA C.F - VILARREAL
Segundo emparellamento cun equipo galego
EBRO - CELTA
UNIÓN ADARVE - LUGO
Curioso, o líder do grupo galego da Segunda Federación medirase ao conxunto albivermello!
BERGANTIÑOS - TUDELANO
Quedan 3!
ARENTEIRO - SD LOGROÑÉS
Só faltan por coñecer os rivais de Racing e Deportivo, que xogarán contra equipos de Primeira Federación.
ALBACETE - RACING. O equipo de Rubén de la Barrera.
Só falta o Deportivo.
UCAM Murcia - DEPORTIVO na Condomina.