Sinalan un cuarto implicado na violación grupal denunciada en Sarria
Sinalan un cuarto implicado na violación grupal denunciada en Sarria
O caso da violación grupal denunciada en Sarria deu un novo xiro. Na última declaración ante a xuíza, a vítima sinalou a existencia dun cuarto implicado. Trataríase dun home que tamén puido participar na comisión dos feitos xunto cos tres acusados ata o momento.
Un deles fora arrestado por gravar a agresión en vídeo, mentres que os outros dous foran enviados a prisión e esta mesma semana foron postos en liberdade baixo medidas cautelares.
Os principais argumentos son a falta de testemuñas directas e de imaxes que sitúen os imputados no baño dun pub coa denunciante.
A xuíza que leva o caso tamén escoitou as declaracións de dúas camareiras do pub en cuestión. Unha delas sinalou que a ela mesma tamén lle botaran unha droga na bebida, ao igual que xa denunciara a vítima.
O proceso está agora pendente de probas coma o informe de toxicoloxía, as mostras de ADN ou os datos dos teléfonos móbiles dos acusados.