Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sinner demostra en Australia a condición de número un do mundo

Sinner demostra en Australia a condición de número un do mundo

O italiano logra o terceiro Grand Slam da súa carreira despois de derrotar en tres sets a Zverev

G24.gal 26/01/2025 14:21

O italiano Jannik Sinner, primeiro cabeza de serie, acadou a súa terceira coroa de Grand Slam e leva as mesmas finais que perdeu o alemán Alexander Zverev. Sinner gañou en tres sets o Aberto de Australia por 6-3, 7-6 e 6-3 despois de dúas horas e 42 minutos de partido. Colócase deste xeito a un só Grande de Carlos Alcaraz, compañeiro de xeración e gran rival do italiano. 

Sinner dominou o primeiro set ao romper o servizo con 4-3 no marcador. No segundo estivo moi igualado o partido, con cada xogador mantendo o servizo. Tivo que decidirse nun tie break que resultou fundamental para a sorte do partido e que acabou levando Sinner (7-4). Zverev baixou o ritmo e tamén caeu no terceiro set, outra vez por 6-3. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar