Aumentan os hospitalizados e os casos activos de covid–19 en Galicia
Aumentan os hospitalizados e os casos activos de covid–19 en Galicia
Diminúen os novos casos detectados por probas diagnósticas
Os casos activos seguen aumentando, pero lixeiramente (+8). En total, hai 481 persoas con coronavirus en Galicia.
Por outra parte, rexistráronse menos contaxios ca no día anterior. Foron detectados 38 novos casos por probas diagnósticas.
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 141 (-1)
Vigo: 73 (-3)
Ourense: 71 (+10)
Santiago: 65 (+4)
Lugo: 40 (-1)
Pontevedra: 60 (=)
Ferrol: 31 (-1)
En canto á ocupación hospitalaria, pasan das 30 as persoas ingresadas, que soben en planta (+8), pero diminúen en UCI (-1). Hai 31 persoas en total, catro en coidados intensivos e 27 en planta.
O Sergas notificou este xoves o falecemento dun home de 52 anos. O varón, que padecía patoloxías previas, perdeu a vida onte no CHOU. Con el, a cifra total de vítimas ascende a 2.652 desde o comezo da pandemia en Galicia.
Mapas de incidencia por concellos