Cargando resultados...
Sober será a primeira corporación en constituírse o sábado
Sober será a primeira corporación en constituírse o sábado
O alcalde en funcións convocou o pleno para a medianoite do venres ao sábado
Luis Fernández Guitián, do PP, gobernará con maioría de 8 edís
G24.gal
12/06/2023 11:37
A corporación municipal de Sober volverá ser a primeira de España en quedar constituída o vindeiro 17 de xuño. O alcalde en funcións convocou o primeiro pleno do novo mandato para a medianoite do venres ao sábado.
Algo que xa se converteu en tradición, porque en 2011, 2015 e 2019 este concello da Ribeira Sacra xa fora tamén o primeiro en ser constituído. Luis Fernández Guitián, do PP, volverá gobernar cunha ampla maioría de 8 edís.