Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sogama reciclará 3.000 toneladas ao ano de residuos téxtiles domésticos nunha nova planta

Sogama reciclará 3.000 toneladas ao ano de residuos téxtiles domésticos nunha nova planta

O Consello da Xunta aprobou investir 14 millóns de euros para a construción da nova instalación no recinto de Cerceda

G24.gal 30/09/2024 13:27 Última actualización 30/09/2024 14:42

O Consello da Xunta autorizou este luns destinar 14 millóns de euros a construír a primeira planta pública de Galicia para a xestión e reciclaxe de residuos téxtiles domésticos que se vai localizar nas instalacións de Sogama en Cerceda.

A Lei estatal de residuos e solos contaminados establece que a partir do vindeiro ano todos os concellos están obrigados a recoller de forma separada os residuos téxtiles, esta nova planta vaise destinar ao tratamento de todos ese material de refugallo.

Segundo, explicou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez, a futura planta terá capacidade para tratar 3.000 toneladas de residuos téxtiles cada ano

"A nosa obriga é traballar par que concellos o cumpran", dixo Alfonso Rueda en referencia ao investimento aprobado para esta nova planta, que se licitará este ano e que estará concluída "a mediados de 2026".

Pola súa banda, a conselleira recalcou que nestes dous anos a Xunta deu "incentivos" aos municipios para que teñan "contedores específicos" e engadiu que en 2025 "todos por lei" terán a obrigación de implantalos.

"Non se van poder destruír os excedentes e temos que facer desta obriga unha oportunidade", sentenciou para incidir, ademais, na que a Xunta "cumpre" con iso coa lei estatal, aínda que co obxectivo de traballar en "incentivar".

Sobre as toneladas para tratar, precisou que esa capacidade inicial de 3.000 toneladas irase "ampliando" ata chegar ás 24.000 toneladas ao ano.

Cuestionada de se irían á planta de Altri en Palas de Rei tamén estes residuos, de materializarse o proxecto, a titular de Medio Ambiente indicou que o primeiro é "chegar á xente e que se saiba que debemos reciclar". "E que logo teña un destino e como sempre unha oportunidade para que as empresas teñan a reciclaxe necesaria aquí en Galicia e o poidan utilizar".  

En canto á nova planta para o tratamento de residuos téxtiles, explicou que se enmarca nas iniciativas do Plan Estratéxico 2024-2030 de Sogama, un documento do que foi informado este luns o Consello de la Xunta e no que se recollen as liñas de traballo que guiarán á empresa pública a partir do ano que vén.

Unha vez estea en marcha, a súa función principal será a de preparar para reciclar tanto residuos téxtiles procedentes das empresas de economía social que operan en Galicia como a daquelas que teñan a súa orixe en contedores instalados na rúa.

Solo industrial gratuíto durante oito anos

O Consello da Xunta tamén deu este luns o visto e prace para que todas as empresas poidan solicitar solo industrial gratuíto durante os primeiros 8 anos en 20 áreas industriais de Galicia.

Ata agora a chamada concesión de dereito de superficie estaba limitada a proxectos que eran declarados singulares por Xestur e con esta nova medida pode optar calquera empresa, que pasados os oito anos poderá optar polo alugueiro do espazo, en réxime de concesión, ou pola adquisición do terreo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade