Publicador de contidos
Publicador de contidos

Solicitan nove anos de cadea para o acusado de abusar e maltratar a filla da súa parella

Solicitan nove anos de cadea para o acusado de abusar e maltratar a filla da súa parella

O acusado declarouse inocente e negou todos os feitos polos que é investigado

G24.gal 22/11/2021 14:34

Na Coruña xulgaron este luns un home acusado de abusar sexualmente e maltratar a filla da súa parella.

No xuízo, o acusado declarouse inocente e negou todos os feitos polos que é investigado. Con todo, a Fiscalía considera que os abusos sexuais se iniciaron cando a pequena tiña oito anos e que se repetiron ata que se presentou a denuncia en febreiro de 2020, cando a nena tiña once.

A Fiscalía engade que o procesado chegou a empurrar a cativa contra a parede, e que nunha ocasión a agarrou polo pescozo e que lle tapou a boca e o nariz durante dous minutos para que non respirase.

Por todo isto, tanto a fiscalía como a acusación particular solicitan para el nove anos de cadea e o pagamento dunha indemnización de 30.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade