Sorpresa durante un operativo de emerxencias por un cadáver en Corrubedo
Sorpresa durante un operativo de emerxencias por un cadáver en Corrubedo
Policía Local, ambulancia e un helicóptero do 061 atendían a chamada de alarma dun turista que atopara un home morto
O suposto morto é un veciño da zona que fuxiu cando chegaron as emerxencias
Curioso caso o ocorrido onte en Ribeira. Un operativo de policía local, emerxencias e un helicóptero do 061 desprazábanse ata Corrubedo por un posible home morto, alertados pola chamada dun turista.
Os veciños da zona falaban abraiados desta ampla despregadura de medios. Contan que o turista chamou a emerxencias cando viu un home duns 30 ou 40 anos tirado no chan sen moverse.
Para sorpresa de todos, cando chegou o operativo, o home fuxiu dos equipos de emerxencias. Era Alberto, un coñecido veciño da zona que segundo xentes de Corrubedo ten bastantes problemas co alcohol.
Este non foi o único suceso protagonizado por este veciño de Corrubedo, que mesmo ten a entrada prohibida nalgúns locais do porto. Tamén o propietario dalgún dos bares do lugar ten unha orde de afastamento contra Alberto.
O peor de todo, para os veciños de Corrubedo, é que por un suceso coma este estivo ocupado o helicóptero de emerxencias, que podería necesitarse en outro lugar.
Esperemos que os turistas non teñan máis sustos coma este e só teñan que gozar coas fermosas vistas desde o faro de Corrubedo.