Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sorpresas no Grupo E coas derrotas de Bélxica e Ucraína

Sorpresas no Grupo E coas derrotas de Bélxica e Ucraína

Eslovaquia derrotou por 0-1 os belgas nun partido en que lle anularon dous goles a Lukaku

Romanía pasoulle por riba aos ucraínos (3-0)

G24.gal 17/06/2024 19:52

O Grupo E comezou con sorpresas. Romanía derrotou por 3-0 a Ucraína e Bélxica, a favorita, perdeu por 0-1 diante de Eslovaquia. Abría fogo o partido que enfrontaba a romaneses e ucraínos. Gañou Romanía por un claro 3-0 con goles de Stanciu (29'), Marin (53') e Dragus (57'). Non tivo o seu día Ucraína onde non brillaron Lunin, Zinchenko, Dovbyk ou Tsygankov. 

Todo apuntaba a que Bélxica ía comezar con vitoria pero Eslovaquia entrou mellor no partido e conseguiu marcar aos sete minutos por mediación de Schranz. Logo veu o dominio total belga que se atopou diante dunha selección moi ordenada e que realizou un gran traballo defensivo. Tampouco tiveron sorte os belgas aos que lle anularon os dous goles que marcou Lukaku.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos