Publicador de contidos
Publicador de contidos

Spielberg recibe o Oso de Ouro de Honor na Berlinale

Spielberg recibe o Oso de Ouro de Honor na Berlinale

O festival de cine de Berlín homenaxea toda a súa carreira

G24.gal 22/02/2023 08:17

A Berlinale réndese a Steven Spielberg. O festival de cine homenaxeou nesta 73 edición o director estadounidense e outorgoulle o Oso de Ouro de Honor en recoñecemento a toda a súa carreira, que inclúe máis de cen películas e series.

O xurado da Berlinale destacou que Spielberg, gañador de tres Óscars, é un dos cineastas máis versátiles ou completos da historia do cine. Durante a gala proxectouse o seu último filme, The Fabelmans, que está recollendo moito éxito en todos os festivais cinematográficos e ten sete nominacións aos Óscars. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade