Publicador de contidos
Publicador de contidos

Starmer asegura que o plan de deportacións a Ruanda está "morto e enterrado"

Starmer asegura que o plan de deportacións a Ruanda está "morto e enterrado"

O novo primeiro ministro promete unha política diferente e gobernar polo cambio

Starmer reuniu este sábado o novo goberno tras a victoria dos laboristas

Primeira reunión do novo goberno británico
G24.gal 06/07/2024 20:36 Última actualización 06/07/2024 21:09

O primeiro ministro británico, o laborista Keir Starmer, reuniu este sábado o seu novo goberno tras gañar as eleccións xerais por unha maioría moi ampla.

Entre risas e aplausos, deulle a benvida aos seus ministros para, seguidamente, explicarlles o que espera de cada un deles á hora de poñer en práctica as promesas do programa electoral.

"Onte comezou o traballo do cambio, somos un partido laborista cambiado e onte comezamos o traballo de cambiar o país".

Starmer dixo que as urnas lles deron un mandato claro para gobernar polo cambio e que farán unha política diferente con mentalidade de servizo.

"O noso país vai primeiro, despois o partido", afirma.

Este domingo comeza en Escocia unha xira polas catro nacións do Reino Unido onde o laborismo conseguiu a maioría por primeira vez en 20 anos, que continuará en Irlanda do Norte e Gales para regresar a Inglaterra.

Tamén anunciou que non seguirá adiante co polémico plan do exprimeiro ministro Sunak, de deportar a Ruanda inmigrante ilegais. Ese plan, di  Starmer, nunca foi un elemento disuasorio, non hai máis que ver as cifras récord de chegadas nos primeiros seis meses deste ano".

O novo primeiro ministro asume que deberá tomar axiña decisións difíciles en materia fiscal e económica e afrontar o desafío que supoñen as enormes listas de espera da sanidade británica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade